Os premio Planeta Lorenzo Silva e Javier Serra, no ‘Vilagarcía, cidade de libro’

VILAGARCIA> Vilagarcía quenta motores para a súa ‘Cidade de libro’. Hoxe avanzaron as datas e os autores que formarán parte desta cuarta edición. Vai ter lugar do 11 ao 18 de xuño. Entre os autores, salienta a visita dos premio Planeta Lorenzo Silva e Javier Sierra ou de Ángel Martín, que repite. Tamén, de novo, un peso destacado para os autores galegos e emerxentes, así como para os autores da cidade e a súa contorna que terán tamén o seu espazo.

O alcalde foi o encargado de despexar as primeiras incógnitas da que será a cuarta edición de ‘Vilagarcía, Cidade de libro’. Coas datas xa marcadas no calendario, a seguinte resposta que buscamos é saber quen nos acompañará este ano.

Entre os autores galegos de referencia que se achegarán ata Vilagarcía Manuel Jabois, Manuel Loureiro ou Pedro Feijóo. Os escritores emerxentes terán tamén o seu espazo, como é o caso da vilagarciá Afa Torrado, Lúa Mosquetera ou o premio nacional de poesía moza Ismael Ramos. Tamén, por suposto, un espazo destacado para autores de proximidade .

O programa complétase con nomes destacados do panorama español como dous Premio Planeta, Lorenzo Silva e Javier Sierra; ou Ángel Martín, que repite. Todo nun formato diferente e próximo que permite aos lectores un contacto máis directo cos escritores.

O detalle do programa e os distintos horarios de cada unha das visitas daranse a coñecer en breve.