O investimento provincial traducirase en importantes melloras en Porto do Son

    PORTO DO SON> Porto do Son acometerá obras por valor de setecentos mil euros nos próximos dous meses. Ademais da mellora da contorna da casa consistorial e da escola infantil, realizaranse diversas actuacións en materia de seguridade viaria. Dúas subvencións nominativas, concedidas polo anterior goberno da Deputación da Coruña, permitirán acometer a mellora da contorna da escola infantil e da casas consitorial. Procederase ademais ó equipamento e posta en marcha da ludetoca, na planta baixa da escola infantil. Con cargo ó Plan de Obras e Servizos, o concello realizará numerosas actuacións en materia de seguridade viaria. Entre elas, a dotación de beirarrúas en varios treitos da AC-550 e a conexión a través de sendas peonís de todo o núcleo urbano de Portosín. Os fondos do Plan de Acción Social destinaranse á continuar coa mellora da contorna do concello, para a recuperación da antiga alameda, cunha actuación na rúa da Roda cara a Capela da Atalaya. Trátase dunha primeira fase que tería continuidade en futuros plans provinciais.