O BNG de Ribeira pide a elaboración dun rexistro de agasallos

    RIBEIRA> BNG de Ribeira solicita a elaboración dun regulamento sobre agasallos e obsequios dos cargos públicos así como un rexistro dos mesmos. Enmarcan esta proposta, que xa presentaron no concello, na súa política de transparencia e control, garantindo que a honestidade nas administracións públicas. Consideran tamén os nacionalistas que a existencia deste rexistro xeraría unha maior seguridade na custodia daqueles regalos que pasen a formar parte do patrimonio municipal.