Callejeros recadará fondos en Ribeira cun concerto polo benestar animal

RIBEIRA> A Praza de España de Ribeira será escenario este sábado dun concerto solidario para recadar fondos destinados a ‘Callejeros Barbanza’. Contará coas actuacións de Sinverjuergas e D.J. Antón así como un coloquio para abordar a necesidade de controlar as colonias felinas.

O gran labor que está a desenvolver a asociación Callejeros no control das colonias felinas, xunto co concello de Ribeira levou a ambas entidades a organizar un evento solidario que permita recadar fondos para que a protectora continúe co seu traballo.

Abrirá o programa o grupo Sinverjuergas con concerto a partir das nove da noite. A continuación terá lugar un coloquio a cargo de voluntarios da asociación animlaista e pechará a velada unha sesión do DJ Antón.

Os asistentes poderán colaborar coa compra de rifas coas que particiapra´n en distintos sorteos así como realizando consumicións na barra que instalará Callejeros. todo o recadado irá integramente para esta asociación dedicada ó coidado e benestar animal.