BOIRO> Boiro Novo denuncia a substitución do servizo de cociña por un cátering no centro de día do municipio. Segundo as familias, este cambio supuxo unha notable perda da calidade dos alimentos. A través do grupo de En Marea, xa elevaron as súas queixas ó Parlamento. Os recortes do goberno da Xunta en servizos sociais están detrás, segundo Boiro Novo, do cambio no servizo de comidas do centro de día. Ata o de agora, esta instalación contaba con cociña propia que foi sustiuída por un servizo de catering de peor calidade As queixas dos usuarios e as súas familias non se fixeron esperar denunciando que se trata de comida procesada e requentada e servida por profesionais non cualificados. Así as cousas, o grupo parlamentario de En Marea presentou unha pregunta para coñecer os motivos deste cambio e porque non se informou previamente ós usuarios do centro. Nesta mesma liña, Boiro Novo instará ó goberno municipal a posicionarse a favor dos dereitos dos veciños e en contra da externalización dos servizos sociais.
Inicio Barbanza - Muros - Noia