O grupo boirés Supersandwich gaña o certame ‘Nsaio no Camiño’

    premiosupersandwich_100_221.jpgBOIRO > O Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, entregoulle esta pasada fin de semana ós membros do grupo boirés ‘Supersandwich’ os 30 mil euros

    … do primeiro premio do concurso ‘Nsaio no Camiño’, como mellor formación musical vinculada á rede de locais de ensaio que a Dirección Xeral de Xuventude está a crear por toda Galicia.

    Levan anos de sacrificio e traballo, pero este sábado os integrantes do grupo boirés ‘Supersandwich’ recibiron unha gran recompensa, ó se-los gañadores do concurso ‘Nsaio no Camiño’ promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e no que participaron unhas cen bandas dentro da rede de locais de ensaio que ven funcionando en Galicia. Grazas a el, poderán serguir facendo o que lles gusta, e mesmo gravar un disco coa súa posterior promoción.

    Foi o propio Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, o encargado de facerlle entrega do premio nun acto que se desenvolveu nos locais de ensaio do centro social de Boiro. Durante o acto Rubén Cela Díaz fixo referencia precisamente á inauguración destas instalacións, hai menos dun ano, e que xa se están a da-los primeiros froitos. Foi precisamente o teclista de ‘Supersandwich’, Dani Fuentes, o encargado de recoller no nome de tódolos seus compañeiros, o tan significativo premio.

    Na súa intervención destacou o espaldarazo que supón esta axuda económica para o grupo. No acto tamén participou o alcalde, Xosé Deira, quen sinalou que a concesión do premio non é máis que un recoñecemento social e unha recompensa para o grupo Supersandwich, animando a tódalas persoas que teñen afección pola música a que se animen a traballar en nese campo.

    Redacción Barbanza