RIBEIRA> O PP de Ribeira volve insistir na necesidade de definir as alternativas para a construción do novo centro de saúde na localidade. Critican a parálise non só deste proxecto senón tamén do futuro polígono industrial por parte do goberno municipal.
Os populares entenden que as tres posibles opcións para albergar o futuro centro de saúde das que fala o concello non están aínda definidas posto que non foron presentadas á Xunta de Galicia. Por esta razón urxen ó goberno municipal a buscar canto antes o mellor emprazamento dada a falla de espazo e as deficiencias que presentan as actuais instalacións.
Na mesma liña, piden ó concello que dea o pulo definitivo ó polígono industrial para que a Xunta poida materializar o compromiso inversor adquirido coa asociación de empresarios de Ribeira.











