A dirección da Lama solicita o traslado do ‘Chicle’ a outro penal

BARBANZA> A solicitude, cursada ó parecer por motivos de seguridade, deberá ser asumida nos próximos días polo titular do Xulgado número 1 de Ribeira que é quen instrúe o caso da desaparición e morte de Diana Quer.

O ‘Chicle’ podería estar vivindo os seus últimos días no cárcere da Lama, en Pontevedra. A dirección da prisión vén de solicitar o seu traslado, aludindo a motivos de seguridade do prendido, ó non dispor ás instalacións de módulo de aillamento. As dúas opcións que se barallan nestes momentos son a de Estremera, en Madrid, ou a de Salamanca, que si contan con ese tipo de dependencias especiais para presos. De aprobarse este traslado, unha decisión que debería tomar nos próximos días o titular do Xulgado número 1 de Ribeira que é quen instrúe o caso pola desaparición e morte de Diana Quer, sería o segundo cambio de presión para o ‘Chicle’, que aludindo tamén a motivos de seguridade foi desprazado  de Teixeiro á Lama.

Pola contra o seu traslado a Madrid ou Salamanca, alonxaríao tamén da súa familia, principalmente da súa muller e da súa filla, as dúas únicas persoas que acudiron a visítalo ata o de agora. Outro problema  é que cando se celebre o xuízo obrigaría a ter que desprazalo ata Ribeira para acudir ó Xulgado, co conseguinte inconvinte. A última palabra tena o xuíz instrutor Félix Isaac Alonso, el será quen teña que decidir.