A farmacia Canabal bota o peche tras 150 anos de servizo

     VILANOVA> Nin as sinaturas, nin as mobilizacións nin a resistencia dos seus empregados. Sanidade xa lle desactivou o servizo de tarxeta sanitaria.

    {flowplayer}images/salnes/DesmantelamentoCanabal.flv{/flowplayer}

    Cun cartel no que se agradecía a Vilanova por eses 150 anos nos que foi unha satisfacción prestar o seu servizo. Así anunciaba a farmacia Canabal o seu peche. Hoxe aínda se podía ver o letreiro aínda que había que facelo a través da rexa.

      Os veciños aínda non acaban de entender esta decisión da Consellería. Primeiro polo gran servizo prestado tanto por Áurea Cabanal no seu día, como polos actuais rexentes da botica. E en segundo lugar porque a todas luces, Vilanova precisa de dúas farmacias.

    A historia desta farmacia remóntase a mediados do século XIX. Áurea Canabal faise cargo dela no 1930 grazas a unha lei que permite ós orfos de farmacéutico xestionar o establecemento sen ter o título, sempre que estivese presente en todo momento alguén que si contase con el. Ó falecer Áurea a concesión caducou e a decisión quedou en mans da Consellería que non o pensou dúas veces. Comezou entón o calvario para os traballadores da coñecida como a farmacia dos pobres.

    Sen posibilidades de reabrila, con catro empregados na rúa e co enfado e a tristeza de toda Vilanova. Canabal retirou xa a súa cruz e pechou as súas portas.

    Redacción Salnés