Ribadumia ultima a contrucción da pista de Santa Baia e as obras de Barrantes

    RIBADUMIA > O concello de Ribadumia está a piques de rematar a construcción dunha nova vía que dá acceso á urbanización de Santa Eulalia, nas inmediacións da Carballeira. Outros traballos que tamén chegan ó seu fin son os da primeira fase da humanización do casco urbano de Barrantes. A vindeira semana completarase co adoquinado dos aparcamentos.

    Logo dun mes desde que se comezaron as obras na pista de Santa Baia, na Carballeira de Ribadumia, os traballos avanzan agora para preparar o solo e proceder ó asfaltado da rúa. Unha vez rematado, procederase á instalación de varios puntos de luz e, ademais, o Concello xa se puxo en contacto coa empresa Fenosa para que retire un poste que está atravesado en medio da vía.

    Outras obras que tamén avanzan a bo ritmo son as do centro de Barrantes. As beirarrúas e o saneamento xa está preparado e estes días colócanse xardineiras para as árbores que adornarán a vía principal, ademais de papeleiras e o alumeado. Para que remate esta primeira fase da humanización do casco urbano queda pendente o adoquinado da zona de aparcamento, que se executará a vindeira semana.

    En proxecto, o concello ten o acondicionamento da Carballeira de Ribadumia. Cun presuposto de 83.000 euros preténdese dotar a este espazo de mobiliario urbano, construír uns aseos, completar o valado e empedrar unha zona para escenario. Este luns remata o prazo para que as empresas presenten ofertas.

    Redacción Salnés