O BNG de Ribeira pide un paso seguro para a Gándara

    RIBEIRA> Os nacionalistas levarán esta solicitude ó próximo pleno da corporación. A través dunha moción que será levada á vindeira sesión plenaria, o BNG solicítalle ó equipo de goberno que se inicien as xestións oportunas ante a Xunta, para dotar dun paso de peóns ou dun paso elevado ou soterrado o paseo fluvial do río Artes ó seu paso polo lugar da Gándara en Oleiros. Segundo os nacionalistas nese lugar o paseo vese interrompido pola estrada AC-550. Trátase dun punto con alta densidade de tráfico, no que non existen beirarrúas, e os peóns deben atravesar o vial, o que conleva unha alta perigosidade. Na moción os nacionalistas tamén reclaman unha mellor sinalización do paseo nese punto, no que non existen sinais identificativos.