Os exámenes de 3º e 6º serán en maio

PONTEVEDRA> As avaliacións de sexto e terceiro de primaria establecidas pola LOMCE xa teñen data en Galicia. 11, 12 e 13 de maio para os de sexto e 24 e 25 de maio para os de terceiro. Máis de 44.000 nenos de 800 centros de ensino se someterán a estas probas que, dende a consellería aseguran, servirán para desenvolver plans de mellora.

 

A Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de fixar as datas para as probas de avaliación dos cursos de terceiro e sexto de primaria que se establecen na LOMCE. Así os días 11, 12 e 13 de maio, a semana previa ao Días das Letras Galegas, realizarán unha proba de competencia matemática, tres probas separadas de coñecementos e destreza en galegos, castelán e inglés e unha última de competencias en ciencia e tecnoloxía. Os de terceiro de primaria terán a súa avaliación os días 24 e 25 de maio realizando unha proba matemática e outra conxunta de galego e castelán. As probas afectan a 44.000 alumnos duns 800 centros e dende a consellería aseguran que só reportan beneficios.

Como exemplo, o conselleiro quixo recalcar o éxito das avaliacións que se fixeron o pasado curso en terceiro de primaria e que levaron a crear plans de mellora para 69 centros co obxectivo, en palabras de Román Rodríguez, de que ningún neno quede atrás. Insiste en que cos datos obtidos non se fai a facer ningún tipo de clasificación ou segregación e que non constarán no expediente do alumnos, pero si serán do coñecemento de docentes, os propios estudantes e os seus pais.

Con respecto as últimas protestas e manifestacións contra a LOMCE e o decreto 3+2 en diversas cidades galegas, o conselleiro valorou moi positivamente que os estudantes participen e se involucren en algo que lles afecta pero preocúpalle a posible incursión de intereses políticos nas mesmas. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/18/conselleiro_probas_lomce.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/18/conselleiro_probas_lomce.mp4{/flowplayer}