Os primeiros auxilios chegan ás aulas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/18/conselleiros_colexio_portas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/18/conselleiros_colexio_portas.mp4{/flowplayer}

 

PORTAS> Nocións en primeiros auxilios, de soporte vital, e de desfibrilación externa… son só… algúns dos coñecementos da área da prevención de riscos, nos que os docentes do centro educativo Domingo Fontán, de Portas, se formarán para posteriormente, transmitir estes coñecementos os alumnos.

Unha reanimación cardiopulmonar realizada por rapaces de 3º e 4º da ESO… un protocolo que pode chegar a salvar unha vida…

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e Jesús Vázquez, conselleiro de Sanidade, asinaron un convenio de colaboración, no CEIP Domingo Fontán  co fin de dotar ao profesorado en habilidades referentes a prevención de riscos, co fin de que posteriormente estes llo transmitan aos rapaces. 

Unha vez os docentes estean acreditados, establecerase un calendario do alumnado de ESO, favorecendo así unha transmisión de coñecementos. 

Ademais o concelleiro de Educación  lembrou as actuacións que o seu departamento ten desenvolvido en materia de educación sanitaria, como a posta en marcha do protocolo de Atención en Urxencias Sanitarias e Enfermidade Crónica. 

Os conselleiros estiveron acompañados na súa visita ao centro educativo de Portas, polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, josé Manuel Pinal.