O CEIP de Marcón revoluciona a parroquia recuperando o Entroido tradicional

PONTEVEDRA> Os centros educativos vólcanse estes días nas actividades propias do Entroido. Unha festa que algúns levan máis aló das súas paredes. É o caso do Colexio de Marcón, en Pontevedra, que esta mañá revolucionou a parroquia enteira cunha mestura de celebración e tradición. A proposta: vivir estas datas como se facía antes da Guerra Civil e recuperar o Entroido Tradicional da parroquia.

Na parroquia pontevedresa de Marcón, este ano o Entroido comezou dun xeito moi especial.

O colexio de Marcón quixo botar man da tradición, e recuperar o Entroido tal e como se vivía nesta zona antes da Guerra Civil.

Vestidos para a ocasión e sen perder detalle, alumnado e profesorado percorreron coas súas cantigas e disfraces diferentes lugares para cumprir coa tradición ao completo e revolucionar a parroquia enteira.

No seu caso, esta recollida de alimentos terá unha fin solidaria: entregaranse no comedor de San Francisco. Unha xornada diferente coa que poñen o broche de ouro a un traballo de varias semanas, no que contaron tamén coa axuda de veciños da contorna e dos seus recordos.

A intención do colexio de Marcón é que este sexa o primeiro ano de moitos, para seguir afondando neste xeito tan propio de vivir o Entroido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí