Un cómic contra a discriminación e a desigualdade

PONTEVEDRA> “Viñetas contra a desigualdade”. Ese é o nome do traballo realizado por 9 alumnos do instituto A Xunqueira II. Un cómic que recompila as historias de diferentes científicos que foron discriminados ao longo dos anos por diversas razóns: como a súa raza, relixión ou condición sexual.

“Teño un soño, un só soño, seguir soñando. Soñar coa liberdade, soñar coa xustiza, soñar coa igualdade e oxalá xa non tivera necesidade de soñalas”. Esta frase de Martín Luther King resume á perfección este proxecto: “Viñetas contra a desigualdade” Un cómic realizado por nove alumnos de 2º da ESO do Instituto A Xunqueira II de Pontevedra e que busca darlle voz a aqueles científicos que foron discriminados ao longo da historia.

Hipatia de Alejandría, Emmy Noether, Alan Turing, Rosalind Franklin e Katherine Johnson. As súas historias impresionaron a estes alumnos e, con este cómic, eles intentaron que non quedasen no esquecemento.

E a pesares da súa corte idade, sen dúbida, con este proxecto, dan unha lección de vida.

Unha aprendizaxe para os alumnos e tamén para o profesor.

Quedádevos coas súas caras porque este é o soamente o primeiro doutros moitos proxectos que están por vir e que buscarán que estas historias, non se volvan a repetir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí