O Museo de Artes estrea unha exposición de Emilio Celeiro

    RIBEIRA> A mostra poderá visitarse ata o próximo vinte e un de maio. As salas do Museo do Gravado de Artes exhiben dende hoxe unha exposición do creador coruñés Emilio Celeiro. A mostra intégrase na serie dedicada ós gravadores galegos, despois das xa realizadas anteriormente con artistas da talla de Manuel Facal, Manuel Ayaso, Leopoldo Novoa ou Alfonso Costa. O propio autor, Emilio celeiro, explicou cales eran as técnicas empregadas nas súas creacións, e referiuse tamén á súa evolución como artista. O presidente da Fundación Museo do Gravado de Artes, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, mostrou a súa satisfacción porque as instalacións poidan acoller unha exposición dedicada a Emilio Celeiro. Segundo el este debe ser un dos principais obxectivos do museo, o de dar a coñecer os principais artistas contemporáneos dentro da especialidade do gravado. A mostra poderá ser visitada ata o próximo vinte e un de maio en horario de martes a sábados, de dez a dúas polas mañás e de catro e media a sete e media polas tardes; os festivos, tamén de catro e media a sete e media.