O miradoiro da Pedra da Rá representará a España na Bienal de Venecia

    RIBEIRA> A reforma do miradoiro da Pedra da Rá de Ribeira representará a España na Bienal de Arquitectura de Venecia. O proxecto, recentemente acometido na contorna do Castro da Cidade, foi seleccionado xunto a outras catro obras. O recentemente reformado miradoiro da Pedra da Rá, emprazada nun marco incomparable, é unha das cinco obras elixidas para representar a España na Bienal de Arquitectura de Venecia que se celebrará dende finais de maio na cidade italiana. Son catro as obras galegas seleccionadas para participar nesta Bienal de Arquitectura. A reforma do miradoiro executada polo arquitecto compostelán Carlos Seoane compartirá distinción co Museo das Peregrinacións de Manuel Gallego, a remodelación do porto de Malpica de Juan Creus e Covadonga Carrasco e a Casa en Tebra de Guadalupe Piñera e Jesús Irisarri. A ampla representación galega dá idea da calidade dos proxectos que se están a acometer na comunidade, conxugando a calidade arquitectónica co seu harmónico encaixa na contorna.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí