Os veciños de Aguiño presentan máis de mil sinaturas contra a nova EDAR

    entregaalegacionsdepuradoraaguio_100_250607.jpgRIBEIRA > A futura instalación dunha nova depuradora en Aguiño que dea servizo a todo o municipio ribeirés xerou o malestar dos veciños da parroquia.

    Aínda que son consicentes da necesidade de crear novas instalacións depuradoras que dean servizo á crecente poboación de Ribeira, os veciños de Aguiño opóñense á instalación dunha nova EDAR na zona de Pinisqueira, en Couso. Por elo, presentaron no rexistro do concello unha serie de alegacións, apoiadas por máis de mil sinaturas, que denuncian o gran impacto ambiental que terían as novas instalacións.

    Ademais do risco de vertidos ó mar, nunha zona de gran riqueza marisqueira, os veciños denuncian a merma que suporá a instalación dunha depuradora na calidade de vida dos veciños e visitantes que frecuentan esta área de esparcemento.

    Os veciños consideran que os terreos elixidos polo concello para a ubicación da depuradora non son os máis axeitados. Ademais opóñense á creación dunha gran estación que recolla os vertidos procedentes de diversos núcleos de poboación, e mesmo do polígono de Xarás e do hospital do Barbanza, e apostan pola creación de varias depuradoras en diferentes puntos do municipio.

    Á espera de que a Consellería de Medio Ambiente resolva as alegacións presentadas, os veciños están convencidos de que as súas peticións serán tidas en conta. De non ser así, non descartan iniciar mobilizacións como medida de protesta.

    Redacción Barbanza