Entran en vigor os orzamentos da Pobra para o presente exercicio

    POBRA> O executivo pobrense informou en detalle das actuacións a realizar ó longo do que resta de ano con cargo ós orzamentos municipais. O documento orzamentario xa entrou en vigor unha vez aprobados definitivamente en pleno o mes pasado e despois de non recibir, no período de exposición pública, ningunha alegación. Satisfacción no goberno de Nós Pobra pola entrada en vigor dos orzamentos municipais para este ano, tralo período de exposición, no que non se presentou ningunha alegación. Entre as actuacións a realizar destacan a mellora diversas obras de saneamento e abastecemento de auga na Figueira, a eliminación da fosa séptica do Conchido e a mellora da estrada de Roupión. O goberno pobrense poderá ademais facer fronte tamén a unha serie de facturas impagadas do orzamento anterior por valor duns sesenta mil euros. A partida destinada a emerxencia social incrementarase ata os 15 mil euros, realizaranse melloras na accesibilidade por importe duns 18 mil, levarase a cabo a instalación da grada no campo de Cadreche e procederase tamén á mellora do arquivo municipal.