O PP provincial denuncia a supresión do PAC

PONTEVEDRA> O PP provincial denuncia que a nova Deputación de Pontevedra eliminou o Plan de Acción Comunitaria deixando sen axudas a 300 colectivos. Dende a institución aseguran que son os concellos os que deben xestionar as obras que sen fan nos seus municipios pero os populares manteñen que menten á cidadanía e eses cartos non chegan aos gobernos locais.

 

Esta mañá representantes do Partido Popular na Deputación pontevedresa denunciaban ao bipartito que agora goberna na institución acusándoos de eliminar o Plan de Acción Comunitaria que daba cobertura a uns 300 colectivos veciñais de toda a provincia. 

Segundo os populares en 2015 repartiuse un millón de euros entre todos os proxectos que quedaron baixo o marco dese plan e que segundo a voceira Nidia Arévalo eran de vital importancia xa que incluían investimentos para mellorar traídas e depósitos de auga, cemiterios, equipamento para locais veciñais, camiños, fontes,…Para o popular Ángel Moldes a Deputación está mentindo aos veciños e asegura que eses cartos non chegan aos concellos.

Dende a Deputación manteñen que os concellos deben ter autonomía local e que outra institución non pode decidir sobre as obras que se farán nos seus municipios.

O Partido Popular defenderá no vindeiro pleno provincial unha moción para que a Deputación recupere o PAC e conceda as axudas de forma directa ás asociacións.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/pp_provincial_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/19/pp_provincial_depo.mp4{/flowplayer}