Xoán Hermida non renunciará ao seu escano ata que dimita Paula Quinteiro

Pontevedra> O pontevedrés Xoán Hermida ten claro que non vai a renunciar a súa acta como deputado ata que Paula Quinteiro presente a súa dimisión. Hermida, que tampouco recollerá a súa acta, inicia así un proceso de presión para que Quinteiro presente canto antes a súa dimisión.

A Marea sube e baixa, e está en movemento, parece que as augas non se poñen tranquilas para este partido, e Xoán Hermida bateu nelas nesta xornada. O pontevedrés ten claro que non vai a recoller a súa acta de deputado, pero tampouco vai a renunciar a ela ata que Paula Quinteiro presente a súa dimisión.

Hermida cree que os deputados de En Marea deben de ter lealdade co partido, e co seu líder con Luis Villares, e que os estatutos están para cumprilos, co cal, Hermida agarda que Paula Quinteiro presente a súa denuncia dun xeito inmediato.

Hermida dixo que toma esta decisión co único fin de defende  a En Marea, e que ademais, se Quinteiro decide irse ao grupo mixto, ou as e os mareantes deciden que debe continuar, el desbloqueará esta situación e dous novos deputados entratarán no parlamento galego, mentres, Hermida seguirá presionando co único fin de que Paula Quinteiro presente a súa dimisión.