RIBEIRA> A inauguración será o próximo tres de maio, nun acto ó que está prevista a asistencia do conselleiro de Industria, Francisco Conde. Con bastante retraso ás previsións iniciais, o executivo ribeirense xa ten data para a inauguración das novas instalacións do mercado municipal. Será o próximo tres de maio. Segundo explicou o propio alcalde, Manuel Ruíz, a próxima semana iniciaranse xa os traballos de traslado dos postos e as instalacións frigoríficas dende a carpa ó novo edificio para que todo estea xa listo para a súa apertura. Ruíz anunciou tamén que as intencións do equipo de goberno pasan por sacar a licitación, no prazo dun mes, a xestión da primeira planta. Quedará pendente tamén para máis adiante a adxudicación da última planta, a dedicada a restauración.
Inicio Barbanza - Muros - Noia