Cambados volve ao Fondo Galego de Cooperación

    CAMBADOS> O concello de Cambados volve a formar parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e realizará ao longo do ano actividades de cooperación enfocadas á sensibilización sobre os países menos desenvolvidos. 

     

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade volve a contar co concello de Cambados como colaborador. O obxectivo é contribuír no progreso dos países menos desenvolvidos mediante actividades que faciliten a sensibilización. 

    Dende o 2011 o concello cambadés non pertencía a esta organización, que o novo goberno quere retomar como compromiso coas súas políticas sociais. O custe de pertencer a este fondo é duns 1000 euros anuais, que irán destinados a execución de actividades que repercutan na vila.

    Ao acto asistiron a alcaldesa da vila, Fátima Abal, que estivo acompañada polo concelleiro de servizos sociais, Tino Cordal, e a vicepresidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Teresa París, entre outros… París revelou que a intención do Fondo Galego de Cooperación é, agora, intentar chegar a máis concellos e xa están en contacto con outros municipios de O Salnés, como Vilagarcía e O Grove.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/20/fondo_cooperacion_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/20/fondo_cooperacion_cambados.mp4{/flowplayer}