RIANXO> Esta mañá as conselleiras de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e Mar, Rosa Quintana, mantiveron unha videoconferencia co equipo responsable das actuacións. Nesa xuntanza avanzouse que as obra do novo tanque de tormentas e a ampliación da actual depuradora estarán rematadas na primavera de 2021. O Goberno Galego inviste nestes dous proxectos uns catorce millóns de euros.
A través de vídeos e fotografías as conselleiras de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e Mar, Rosa Quintana, puideron constatar o avance dos traballos e as medidas de protección sanitaria impostas por mor do COVID-19. Na xuntanza virtual, na que tamén tomou parte o alcalde, Adolfo Muíños, informouse de que estarán rematadas na primavera do ano que vén, tal e como estaba previsto.
En canto ás obras de ampliación da EDAR, a titular de Infraestruturas tamén informou que marchan bo ritmo.
Ethel Vázquez referiuse a que estas dúas actuacións son estratéxicas para o Goberno Autonómico xa que, ademais de mellorar os servizos que se prestan ós veciños da localidade, contribuirán ó saneamento integral da ría de Arousa.











