A bandeira azul volve ondear na praia de Coroso

RIBEIRA> A bandeira azul xa loce na praia de Coroso. O concello de Ribeira decidiu solicitar o distintivo para este areal co fin de dinamizar o turismo.

O alcalde de Ribeira e o concelleiro de Turismo procedían esta mañá ó izado da bandeira azul na praia de Coroso.  Tras cinco anos sen el, o distintivo volve ondear nun dos areais máis emblemáticos do municipio como un reclamo para o turismo; un sector que precisa de tódolos esforzos para a súa recuperación.

Servizos que tal e como indicou o edil de Turismo garante a máxima seguridade e excelencia en tódolos areais do municipio. A recuperación da bandeira de Coroso supón un primeiro paso posto que o obxectivo do concello é solicitala para outros areais en vindeiros veráns, sempre e cando se poida axilizar o proceso de contratación de socorristas.