Voluntarios noieses inician unha campaña de axuda ós refuxiados sirios

    Un grupo de voluntarias e voluntarios de Noia veñen de iniciar unha campaña de financiamento para o envío de material humanitario ós refuxiados sirios que se atopan ás portas da Unión Europea. A campaña está coordinada coa ONG Alhambra Internacional que será a encargada de efectivizar o envío prevé a distribución de petos por distintos establecementos comerciais da vila nos que a xente que o desexe poderá realizar as súas aportacións. A través das redes sociais e nos carteis da propia campaña aparece tamén o número de conta da ONG para poder realizar a axuda directamente.