Ribeira vestirase de azul e branco para vivir Artemar

RIBEIRA> Un ano máis Artemar encherá as rúas de Ribeira con artesanía e cultura mariñeira. Comezará este mesmo xoves, día dezaseis, e rematara o domingo. Unha feira que celebra a súa sétima edición cargada de actividades. Un total de cento vinte e cinco postos repartidos polas rúas peonís da vila, no Malecón e na Praza do Concello. Unha praza que tamén servirá para inaugurar a feira. Será o xoves, ás seis da tarde, cun espectáculo a cargo dos grupos Gaeloc e El Tinglao. O longo da fin de semana contarán con contacontos, teatro na rúa ou música en directo. Unha programación da empresa Rivendel, que este ano apostou forte pola decoración. Polo que Ribeira se vestirá de azul e branco para celebrar Artemar, no que tamén haberá tempo para os concursos. Faránse tres: de escaparates, de decoración nos locais hostaleiros e unha ruta de tapas. Nos catro días que durará a troula, os máis cativos poderán desfrutar no Malecón dun Recuncho Infantil. O domingo, antes do espectáculo de El Tinglao que cerrará a festa, haberá un Conxuro da Queimada na Praza do Concello. Ca súa posterior degustación gratuita.