Piden a alcaldes e Xunta de Galicia que se unan pola ría

PONTEVEDRA> A Plataforma polo Saneamento da Ría tentará reunir a alcaldes, Xunta de Galicia e Augas de Galicia para solucionar o problema de E.coli que sofren as augas da ría de Pontevedra. Fernández Lores comprometeuse a estar presente nesa reunión e a colaborar, pero lembra que a responsabilidade é da institución autonómica.

 

Tralas protestas do pasado venres ás portas do Concello por parte da Plataforma polo Saneamento da Ría, o alcalde puido charlar hoxe coa súa directiva, tras pedirlle desculpas por traspapelar a súa petición de reunión.

Nun encontro cordial, tanto colectivo como grupo de goberno expresaron o seu punto de vista sobre a situación actual da ría e as posibles solucións, nas que amosaron estar de acordo en case todo.

Para o alcalde Pontevedrés a contaminación das augas ven principalmente de ENCE é a depuradora e acusa á Xunta de Galicia de non facerse responsable. Para o presidente da plataforma non se pode identificar de onde ven a bacteria do E.coli existente na ría que provocou o cambio das zonas de explotación de cualificación b a c e pechou a bateeiros e mariscadores a posibilidade de vender a fresco; unha restrición que mingua a saída dos produtores de mexillón e de forma aínda máis grave fai desaparecer, en palabras de Andrés Ruano, o sector marisqueiro.

Con este obxectivo e despois da reunión co alcalde pontevedrés, mañá tratarán de reunirse co de Poio, o vindeiro venres co de Marín e o posterior coa Xunta de Galicia.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/21/reunion_saneamento_ria_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/21/reunion_saneamento_ria.mp4{/flowplayer}