O Goberno Central abre as portas ao diálogo para un posible traslado de ENCE

Pontevedra> O traslado de ENCE volve á actualidade política. Dende o PSOE de Pontevedra anunciaron nesta xornada que o Goberno central está disposto a negociar a reubicación da pasteira.  Un traslado que se levaría a cabo a través dunha mesa de negociación liderada polo Goberno Local e onde se sentarían Estado, Xunta, Deputación e a empresa.

Dende o PSOE de Pontevedra chegaron con novidades de Madrid trala reunión que mantiveron con representantes da Administración Central do Estado, co director xeral da oficina de Asuntos Económicos da Presidencia do Goberno e coa Dirección xeral de Costas. Unha das principais, o compromiso do Estado de sentarse a negociar nunha mesa para analizar e falar sobre o posible traslado de ENCE da ría de Pontevedra.

Unha mesa de negociación onde o Estado dixo que formaría parte e que sería liderada polo Goberno Local.  Trataríase dunha mesa de negociación onde se sentaría o Goberno de Pontevedra, o Estado, a Xunta, a Deputación e a empres.

Dende o PSOE consideran que teñen unha oportunidade única de asumir esa posibilidade de diálogo e de conseguir o traslado de ENCE que tanto se leva demandando. De non liderar esta mesa de negociación o Goberno Local dende o PSOE din que deberían de analizar outras opcións. Agustin Fernández dixo nesta xornada e literalmente que o alcalde non pode estar co cu sentado agardando a que o chamen, que ten que moverse e aproveitar esta ocasión. En relación a anulación da prórroga solicitada polo Goberno Local dende o PSOE dixeron que neste eido está á espera dos recoñecementos xudiciais nesta materia.