Culturgal quenta motores cun programa de tres días e máis de 80 entidades expositoras

PONTEVEDRA> A oitava edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia, máis coñecida por Culturgal, quenta motores para o seu inicio o próximo día 4 de decembro. Hoxe presentabase no Pazo da Cultura de Pontevedra un completo programa de actividades que inclúe máis dun centenar de stands e 81 entidades expositoras.

 

5.000 metros cadrados cheos de cultura durante tres días. Isto é o que nos presenta Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que terá lugar durante os días 4, 5 e 6 de decembro en Pontevedra. 

Este ano o espazo presenta un recorrido circular onde os visitantes poderán pasar por cada un dos 101 stands que traen as máis de 80 entidades expositoras, que medran en ámbitos como o libro ou as artes escénicas. Todo pensado para un público diverso co que agardan superar os máis de 15.000 visitantes.

Cos mesmos prezos que no 2014, 2€ para os adultos e 1€ para os nenos entre 3 e 12 anos, poderase participar nun encontro de novela negra, un concerto a cegas ou o maratón de web series da tarde do sábado día 5. A noite especial Culturgal estará protagonizada polo humor de Cándido Pazó entre outros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/18/ptac_culturgal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/18/ptac_culturgal.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí