A Pobra será sede esta fin de semana do Campionato Galego de Bateis

POBRA> Na competición tomarán parte as mellores tripulacións galegas. Considerado un dos mellores campos de regata sen Galicia, o porto da Pobra do Caramiñal acollerá na xornada de mañá sábado e o domingo o campionato Galego de Bateis. A proba, organizada polo Club de Remo Puebla, tomarán parte un total de 56 clubs de toda a comunidade que competirán en sete categorías. En xogo estará facerse cunha das prazas que dá opción a participar no Campionato de España da especialidade. Na xornada do sábado está previsto que se celebre nas eliminatorias, mentres que a xornada matinal do domingo estará reservada para a fases finais de cada categoría. No campionato está garantida a presenza da practica totalidade de clubs da comarca, ademais do club anfitrión, a Pobra, estarán as tripulacións de Cabo de Cruz, Esteiro, Ribeira e Rianxo, entre outras.