A Xunta dotará de máis medios ás agrupacións de Protección Civil do Barbanza

    BARBANZA> O director xeral de Emerxencias visitou varias agrupacións de Protección Civil da comarca para coñecer de primeira man as necesidades destes colectivos. Luís Menor comprometeuse a estudar as demandas máis urxentes como a dotación dunha embarcación para Ribeira ou un remolque para a Pobra. A primeira parada do director xeral foi na sede de Protección Civil de Ribeira onde mantivo un encontro cos traballadores, ós que quixo agradecer a súa activa participación na campaña de promoción do voluntariado que está a desenvolver a xunta. Aínda que o auténtico obxectivo da visita era coñecer de primeira man as necesidades do colectivo. Luís Menor tomou nota dos recursos que precisa a agrupación, o máis urxente unha embarcación, e comprometeuse a tentar satisfacer as súas demandas na medida en que os fondos económicos o permitan. Posteriormente, o director xeral desprazouse ata a Pobra onde recolleu a necesidade de dotar á agrupación dun vehículo pick-up e un remolque.