![]()
PONTEVEDRA > A Garda Civil abrirá expediente ós veciños identificados no último corte de tráfico da plataforma contra a reforma da PO-531.
{flowplayer}images/salnes/po_531_subdelegado.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA > A Garda Civil abrirá expediente ós veciños identificados no último corte de tráfico da plataforma de afectados pola ampliación da PO-531. Así o indicou esta mañá o subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, quen cualificou eses cortes de salvaxes.
A plataforma tiña previsto volver a interromper o tráfico mañá, nesta ocasión en Curro, pero a Subdelegación do Goberno, afirma que non o vai permitir. Precisamente para falar do acontecido o pasado martes, o presidente da Plataforma Manuel Corredoira entrevistouse esta mañá co subdelegado. Corredoira non recoñece que os veciños cometesen un erro nestes enfrontamentos coas forzas de seguridade. Afirma que os ánimos están moi caldeados e admite que, a pesar de pedir calma, non lle fixeron caso.
A Plataforma lembra que hai casas e negocios afectados e que a tensión vai en aumento, sobre todo, porque non hai diálogo coa consellería de Política Territorial. Corredoira pídelle cordura ós veciños pero tamén ás autoridades. Na reunión de hoxe, o subdelegado lembroulles os requisitos legais que ha de ter calquera reunión ou manifestación pública.
Redacción Salnés










