A exposición da camelia modernízase e adéntrase no centro da cidade

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra inaugurou esta mañá un escaparate-fotocol na rúa Michelena que anima á cidadanía a participar no concurso exposición da camelia. Con esta acción, o goberno provincial busca que todos os pontevedreses se acheguen ata este espazo, saquen as súas fotografías e as suban ás redes sociais para fomentar un evento que cada ano supera todas as expectativas.

A camelia modernízase e o fai cun escaparate-fotocol na rúa Michelena. Con esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra busca animar a toda á cidadanía a participar nunha nova edición do Concurso Exposición da Camelia.

O goberno provincial quere que todos os pontevedreses se acheguen ata este local, que simula un xardín dentro dun escaparate, se saquen fotografías e as suban ás súas redes sociais.

Tras sacarse un selfie co alcalde de Pontevedra, a deputada Eva Vilaverde aproveitou o encontro para presentar o programa definitivo desta nova edición. O Concurso Exposición da Camelia contará cun showcooking por parte de Iñaki Bretal e xornadas técnicas con Pedro Mansilla e Carmen Salinero.Estas xornadas tamén acollerán a presentación do libro “Xardíns históricos da provincia de Pontevedra”

A Deputación pide a todos os cidadáns que se acerquen ata o Recinto Feiral o 9 e 10 de marzo para desfrutar de esta exposición que cada ano supera todos os récords de participación. Pero ata entón, todos os que queiran comezar xa a descubrir o mundo da camelia poderán facelo na rúa Michelena dende mañá ata o próximo xoves.

Comments are closed.