A Deputación aposta por crear parques forestais

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra abrirá unha liña de axudas para pór en valor zonas especiais dos montes da provincia. O obxectivo é recuperar para o desfrute público as áreas que teñan un especial valor coa creación de parques forestais. A liña, á que poderán optar todos os concellos pontevedreses, conta cun orzamento de 1 millóns 200 mil euros. Mellorar os montes mediante a creación de parques forestais. Este é o obxectivo que persegue a Deputación de Pontevedra, poñendo en valor áreas para o desfrute dos veciños. A liña conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros, aos que poderán optar os municipios presentando as solicitudes nun prazo de dous meses. Os concellos actuarán como garantes do uso público, polo que terán que asinar previamente convenios coas comunidades de montes. Nestes acordos, cederán o uso aos municipios. As bases tamén consideran un prazo mínimo de cesión dos terreos de 20 anos e que as actuacións se executen nun mínimo de 50 hectáreas. Todos requisitos que buscan garantir o mantemento da actuación e o acceso ao espazo ao público xeral, pero que dificultan os trámites. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/mosquera_compostaxe_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/22/mosquera_compostaxe.mp4{/flowplayer}