![]()
CAMBADOS> A biblioteca Luís Rei de Cambados está de noraboa. A Fundación Biblioteca Social outorgoulle hoxe o Premio “Biblioteca Pública y Compromiso Social 2016”.
O proxecto “Canto conta Cambados” recibiu hoxe de maneira oficial o Premio concedido pola Fundación Biblioteca Social.
O fallo do xurado foi o de “Mellor proxecto” por facilitar integración cidadá, eliminando fronteiras de destinatarios, por normalizar ao usuario con discapacidade, e pola súa reivindicación lingüística.
No acto estiveron presentes representantes dos colectivos sociais que traballaron no proxecto, como o colexio de San Tomé, o Refuxio de Animais de Cambados e a directora da Fundación Obra Social, quen foi a encargada de entregalo premio a María Vázquez, técnico de cultura.
O Concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, amosou a súa satisfacción polo galardón recibido e polo traballo realizado polos técnicos de Cultura do Concello.
Será nos vindeiros meses cando toda España poida coñecer de primeira man esta “pequena gran biblioteca”, a través dun artigo que se publicará en , unha revista de tirada nacional.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/25/premio_biblioteca_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/25/premio_biblioteca_cambados.mp4{/flowplayer}







