A Clínica Salnés denuncia a falta de estacionamentos para persoas con mobilidade reducida

SANXENXO> A Clínica Salnés de Sanxenxo protesta pola falla de aparcadoiros para persoas con mobilidade reducida. Advirten que a reforma da rúa Progreso eliminou a praza que permitía aos seus clientes acceder ás instalacións. Agardan que o concello ceda unha das máis próximas.

A reforma da rúa Progreso de Sanxenxo está preto de chegar ao seu final. A humanización da vía levouse a cabo para mellorar a comodidade dos veciños, sen embargo, dende a clínica Salnés de fisioterapia vense prexudicados. As obras ampliaron as beirarrúas e deixaron ao centro sen a praza de estacionamento máis próxima.

Os pacientes do centro teñen que estacionar nos garaxes próximos para poder acceder ás instalacións. A alternativa é aparcar máis lonxe coa problemática que iso supón nos días de mal tempo.

Reclaman ao concello un acceso directo para persoas como mobilidade reducida.

Dende a clínica xa enviaron varios escritos ao concello que non tiveron resposta. Os afectados aseguran que levarán o caso aos tribunais e comezarán a mobilizarse nas rúas. Pola súa parte, o goberno local, está estudando a posibilidade de sinalizar unha das prazas máis próximas para uso exclusivo de persoas con mobilidade reducida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí