Arte e enoturismo únense en Ribadumia para Art Ibérica

PONTEVEDRA> A arte e o enoturismo únense no movemento Art Ibérica. Ribadumia será a sede desta fusión de caldos da zona e obras pictóricas e escultóricas que terá lugar no Auditorio do municipio e nel preténdese que turistas e visitantes experimenten no mesmo espazo a cata e a abstración artística como unha nova experiencia sensorial.

 

A Deputación de Pontevedra acollía esta mañá a presentación da exposición Art Ibérica. A mostra que se inaugura o vindeiro sábado, 30 de abril, as 20:30 horas no Auditorio de Ribadumia, pretende impulsar a imaxe das Rías Baixas a través da relación que se establece entre arte e enoturismo.

O movemento Art Ibérica procura xerar sinerxias entre ambas ramas para potenciar e poñer en valor os recursos a través da dinamización artística e turística.

A mostra recolle obras de artistas nacionais e internacionais como Pilar Taboada, Elohin, Francisco Lorente, José Antonio Fondevila, Carneiro, Lorem e Sergio Portela que tamén están concentradas no libro “Art Ibérica” que foi elaborado por traballadores da Deputación de Pontevedra e que será repartido entre os profesionais do sector vitivinícola.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/25/ptac_expo_deputacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/25/ptac_expo_deputacion.mp4{/flowplayer}