Os afectados polas expropiacións do Gran Montecelo terán que deixar as casas o 15 de xuño

PONTEVEDRA> Os afectados polas expropiacións das obras do Gran Montecelo poderán quedar nas súas casas ata o 15 de xuño. O prazo remataba o 28 de febreiro, pero a Xunta aceptou a petición de ampliación por parte dos propietarios. Os afectados están satisfeitos con esta decisión, non así co prezo fixado polo goberno autonómico polas súas propiedades. De feito, non descartar acudir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Acordo entre a Xunta de Galicia e os afectados polas expropiacións para construír o Gran Montecelo. Os propietarios poderán permanecer nas súas casas e negocios ata o vindeiro 15 de xuño, ampliando o prazo previsto que remataba xa o 28 de febreiro.

Segundo Rueda, esta ampliación non terá efectos sobre o inicio das obras. O vicepresidente da Xunta anunciou que o vindeiro mes de marzo sairá publicada a licitación da obra do Gran Montecelo, e matéñense os prazos de adxudicación neste primeiro semestre do ano.

As familias afectadas acolleron con satisfacción a prórroga concedida pola Xunta de Galicia. En total, son cinco os propietarios expropiados.

Hai acordo no prazo para abandonar as vivendas, non así no prezo fixado polo goberno autonómico polas súas propiedades. Tampouco no feito de ter que asumir tamén o pago de impostos á Facenda por estas contías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí