O reló non é perxudicial para a saúde segundo un estudio

    VILAGARCÍA> As organizacións de produtores e confrarías de toda a ría de Arousa, e o Consello Regulador do Mexillón encargaron en 2015 un estudo a un grupo de investigación da Universidade de Vigo, sobre as limitacións antropoxénicas á produción marisqueira da ría de Arousa. Esta mañá en Carril reuníanse todos os patróns maiores da ría para coñecer os resultados de esa primeira fase do estudo. 

     

    Un grupo de investigación da Universidade de Vigo foi o encargado de redactar os tres informes dun estudo encargado polas organizacións de produtores e confrarías de toda a ría de Arousa. Esta mañá en Carril os patróns maiores de todos os municipios pertencentes a ría de Arousa coñeceron as conclusións de este encargo, que se fixo en 2015.

    O estudo conclúe que o consumo de reló  non representa dende o punto de vista do seu contido en chumbo un risco para a saúde. 

    Esta conclusión extraese dun minucioso estudo, no que se experimentou con camaróns, e dadas as diferenzas entre o sistema dixestivo humano e o deste crustáceo, na actualidade están en proxecto estudos experimentais accidentais adicionais para corroborar esta hipótese.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/27/estudio_relojito_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/27/estudio_relojito.mp4{/flowplayer}