Fiscalía solicita a Poio dous expedientes urbanísticos

POIO> Fiscalía solicita ao concello de Poio a información de dous expedientes urbanísticos que afectan ao consistorio. O primeiro correspóndese coa colocación dunha carpa anexa a un restaurante de Lourido. Segundo o alcalde, Luciano Sobral, o restaurante montou a carpa sen licencias, houbo denuncias  e un expediente de restitución da legalidade urbanística que chegou ata o Valedor do Pobo; o concello requeriulle en varias ocasión a retirada da carpa, que estaba afectada por Costas ao estar a menos de 100 metros da ría, e finalmente quitouna. Tras unha pregunta do Partido Popular na comisión de Urbanismo, o concello admitiu tamén o requerimento doutro expediente dunha vivenda na Armada que está investigada debido á súa construción en solo rústico.