A UFP pide chalecos antibalas para todos os axentes

    VILAGARCÍA> A Unión Federal de Policía insiste na súa petición de chalecos antibalas para todos os seus axentes tralo incidente ocorrido a noite do sábado en Vilagarcía.

    Esa madrugada, tras o que, segundo as testemuñas, foi unha disputa entre dous homes, un deles foi ao seu domicilio e volveu ao lugar portando unha arma coa que realizou diversos disparos ao aire. O sindicato policial recalca que un 30% dos axentes da vila non teñen un chaleco individual é que ante situacións coma estas atópanse desprotexidos. A UFP tamén solicita un vehículo camuflado de forma permanente para aquelas intervencións onde a simple presenza do uniforme ou dun vehículo rotulado poida provocar a reacción violenta de persoas armadas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí