O Colectivo Feminista denuncia o incremento de casos nos que se apela á Síndrome de Alienación Parental

PONTEVEDRA> O Colectivo Feminista denuncia en Pontevedra os últimos casos nos que se ten apelado á coñecida como Síndrome de Alienación Parental en procesos xudiciais. Trátase dun termo para referirse a unha presunta polarización dos fillos a favor dun dos proxenitores, ata posicionalo en contra do outro e mesmo chegar a rexeitalo. Un destes casos corresponde ao partido xudicial de Cambados. Coa concentración, quixeron amosar o seu apoio ás nais que se atopan nestes procesos.

O Colectivo Feminista de Pontevedra saíu á rúa para apoiar ás nais que se atopan en procesos xudiciais nos que se emprega a Síndrome de Alienación Parental contra elas.

Decenas de persoas concentráronse ás portas do edificio da Consellería de Sanidade en Pontevedra, que acolle o Punto de Encontro Familiar.

Dende o Colectivo Feminista denuncian que son xa decenas os casos que lles chegaron ultimamente. Un deles correspondente ao partido xudicial de Cambados.

Para o colectivo, esta práctica é un xeito máis de exercer violencia contra as mulleres. Desta volta a través das institucións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí