Lidia Parada logra a súa mellor marca no Internacional de Vilanova de Cerveira

    BARBANZA> A atleta da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, Lidia Parada, vencía esta pasada fin de semana no Torneo Internacional de Vilanova da Cerveira, en Portugal. A pobrense, actual campioa de España de lanzamento de xavelina, logrou unha marca de 55’07 metros. O mellor lanzamento da súa carreira deportiva. A atleta barbanzá continúa así coa súa preparación de cara ós próximos Xogos Olímpicos de Río, a onde ten moitas posibilidades de acudir. Os seus próximos compromisos deportivos serán os Campionatos Iberoamericanos, que se celebrarán o próximo mes de maio, e o Campionato de Europa, xa no mes de xuño, competicións nas que agarda obter uns bos resultados.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí