O retraso na presentación dos orzamentos indigna a Rianxo en Común

    RIANXO> A formación levará ó pleno de mañá xoves este asunto para preguntarlle ó equipo de goberno porque segue a traballar cuns orzamentos aprobados pola anterior corporación. Rianxo en Común critica ó executivo municipal polo retraso na aprobación dos orzamentos. Dende a formación non entenden, como a estas alturas, a mediados do mes de abril, o equipo de goberno aínda non presentou ningún borrador do documento orzamentario, dilatando os prazos, e traballando cuns presupostos prorrogados que mesmo foron aprobados pola anterior corporación municipal. Un feito que dende Rianxo en Común critican e que segundo eles evidencia o talante pouco democrático do actual goberno municipal que segue sen dar explicación ó respecto. Para os membros de Rianxo en Común a situación está a prexudicar o quefacer diario da Administración Local e tamén o propio labor fiscalizador dos grupos da oposición.