Os emigrantes retornados ven máis lonxe unha solución política ó seu caso

    RIBEIRA> A loita dos emigrantes retornados segue viva. Como cada mes, a plataforma de afectados volveu percorrer as rúas de Ribeira reclamando un trato fiscal equitativo para os traballadores que tributaron noutros países. Aínda que desta volta eran menos os manifestantes, a indignación é a mesma ou incluso maior.A convocatoria de novas eleccións alonxa aínda máis a posibilidade de atopar unha solución política ó seu problema polo que deberán seguir librando a batalla xudicial para que a administración española recoñeza os seus dereitos e a igualdade co resto de contribuíntes. Mentres tanto, seguirán a saír á rúa o último mércores de cada mes para facer ruído e que a cidadanía non esqueza o problema dos emigrantes retornados.