O CIM de Ribeira pon en marcha un servizo sexolóxico a través de internet

    servizosexoloxico_100_140308.jpgRIBEIRA A aula multimedia de Ribeira acolleu a presentación do servizo sexolóxico on-line posto en marcha polo Centro de Información á Muller.

    {flowplayer}barbanza/servizosexoloxico.flv{/flowplayer}

    Trátase dunha iniciativa pioneira incluída no primeiro Plan de Iguldade para homes e mulleres que pretende poñer en marcha o executivo ribeirés.

    Penélope Alonso, a psicóloga experta en sexoloxía e educación e asesoramento sexual, foi a encargada de impartir unha charla que tiña como principal finalidade explica-lo funcionamento do servizo.

    A iniciativa comezou a funcionar o pasado 1 de marzo. Durante este tempo foron moitas as consultas a través da páxina web municipal, a maioría delas realizadas pola mocidade, dado a súa cofidencialidade.

    Consultas presenciais

    O servizo ten ademais da consulta a través da rede, outra modalidade presencial, con atención personalizada varios días ó mes, para que aquelas persoas que o desexen poidan recibir asesoramento e información sobre sexualidade.

    A iniciativa, incluída no Plan de Igualdade para homes e mulleres que promove o Centro de Información á Muller, é totalmente gratuíta.

    Redacción Barbanza