Ribeira e Porto do Son solicitan unha nova edición conxunta do obradoiro de emprego Tahume

RIBEIRA> Os alcaldes de Ribeira e Porto do Son asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a solicitude dun novo obradoiro de emprego conxunto. Sería xa a novena edición do Tahume que nesta convocatoria contará coas especialidades forestal e xardinería.

A colaboración entre Ribeira e Porto do Son ven facendo posible dende hai nove anos a formación de desempregados en varias especialidades con alta demanda de traballadores. Esta mesma mañá os alcaldes de ámbolos dous concellos asinaban o convenio para solicitar á xunta unha nova edición do obradoiro de emprego Tahume coas especialidades de xardinería e forestal.

Serán 20 os desempregados que reciban formación, dez de Ribeira e Porto do Son. Ademais de ademais de adquirir a capacitación profesional nestas dúas áreas, o obradoiro facilitará a súa inserción laboral a través da constitución de cooperativas e sociedades

Finalizado o obradoiro, os concellos colaboran tamén mediante axuda directa á contratación incentivando a aquelas empresas que opten por alumnos destes talleres.