O BNG de Porto do Son denuncia un vertido de fecais ó río Sancho

PORTO DO SON> A vertedura produciase durante a fin de semana. Afectou ó leito do río Sancho e acabou chagando á praia do Pozo. Os nacionalistas inciden no grave dano medioambiental causado. Culpan da situación ó mal funcionamento da EDAR que recolle as augas residuais das parroquias de Miñortos e Goiáns.

O BNG de Porto do Son denunciou un vertido de augas fecais no río Sancho, que acabou desembocando na praia do Pozo. Segundo o voceiro desta formación produciuse durante a fin de semana. Foron os propios veciños da zona os que alertaron ós nacionalistas do problema e o grave dano medioambiental e turístico causado.

Os nacionalistas inciden en que non é un problema novo. Segundo eles dáse con relativa frecuencia, principalmente na época estival, debido ó elevado aumento no caudal da rede municipal de saneamento.

Para o BNG de nada valen as custosas campañas publicitarias nas que inviste os cartos o goberno local, se despois non se atenden as principais necesidades do Concello.

Os nacionalistas, que xa presentaron tamén a correspondente denuncia en Augas de Galicia e no Seprona, confían en que se tomen cartas no asunto e se poña fin dunha vez a este problema.