RIBEIRA> Van alá apenas uns días dende que Mariola Sampedro tomou posesión coma nova alcaldesa, pero durante este tempo apenas tivo un respiro, con innumerables reunións con traballadores e persoal municipal dos distintos departamentos, chamadas de teléfono e sobre todo moito estrés.
Aínda así, para ela, moito deste traballo non é novo, xoga con vantaxe, da súa etapa anterior coma concelleira, na que exerceu de primeira tenente de alcalde do goberno de Manuel Ruíz, levando ademais áreas de peso, como é o caso de Facenda.
Entre as súas prioridades nestes momentos o orzamento, que agarda poder sácalo adiante o máis axiña posible, para poder cumprir con tódolos compromisos que ten o Concello.
Por diante ábrense para ela numerosos retos que, como boa dorneira, agarda poder ir atravesando na mellor das singraduras.
A nova alcaldesa teno claro e as súas políticas para o que resta deste mandato estarán centradas principalmente nas persoas.
Nos próximos días agarda poder dar a coñecer tamén a que será a estrutura do novo goberno municipal.











